O proxecto de innovación educativa en ApS "RAEIRA: Recursos para a Autorregulación Emocional na Infancia dirixidos á Rede de Apoio", foi aprobado na VI Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) da USC.

O luns 4 de xullo, o alumnado de 3º de Grado en Mestre/a de Educación Primaria e o Grado en Mestre/a de Educación Infantil entregará á cooperativa Arabías, os materiais que creou na materia de Educación Emocional para traballar a regulación das emocións en nenos e nenas entre 3 e 12 anos.
O acto é público e terá lugar na aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación do campus Norte ás 13.00 horas.
Esta actividade forma parte do proxecto de innovación educativa en ApS "RAEIRA: Recursos para a Autorregulación Emocional na Infancia dirixidos á Rede de Apoio", aprobado na VI Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) da USC.