Ir o contido principal

Entrega de materiais do Aps 'Raeira' á cooperativa Arabías

04.07.2022 | 13.00h

O proxecto de innovación educativa en ApS "RAEIRA: Recursos para a Autorregulación Emocional na Infancia dirixidos á Rede de Apoio", foi aprobado na VI Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) da USC.

Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte. FOTO: Andrés Fraga
Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte. FOTO: Andrés Fraga

O luns 4 de xullo, o alumnado de 3º de Grado en Mestre/a de Educación Primaria e o Grado en Mestre/a de Educación Infantil entregará á cooperativa Arabías, os materiais que creou na materia de Educación Emocional para traballar a regulación das emocións en nenos e nenas entre 3 e 12 anos. 

O acto é público e terá lugar na aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación do campus Norte ás 13.00 horas.  

Esta actividade forma parte do proxecto de innovación educativa en ApS "RAEIRA: Recursos para a Autorregulación Emocional na Infancia dirixidos á Rede de Apoio", aprobado na VI Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en Aprendizaxe-Servizo (ApS) da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2022.