Skip to main content

Presentación convenios con concellos implicados en 'Minerais contra o cancro'

26/07/2022 - 9.00 horas

Casa do Saber (Lugo)

O reitor Antonio López, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a investigadora da USC na Facultade de Veterinaria Marta López Alonso intervirán na sesión, que reunirá representantes da maioría dos concellos lugueses na Casa do Saber

Imaxe do proxecto 'Minerais contra o cancro'
Imaxe do proxecto 'Minerais contra o cancro'

O reitor da USC, Antonio López Díaz, preside este martes, a partir das 9.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o acto de presentación do convenio asinado entre a USC e a maioría dos concellos da provincia que acordaron apoiar o desenvolvemento do proxecto titulado ‘Intervalos de referencia de microminerais esenciais e tóxicos na poboación da provincia de Lugo’.

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé Roca, e a investigadora principal e coordinada desta iniciativa solidaria aberta ao micromecenado, a profesora na Facultade de Veterinaria Marta López Alonso, tamén intervirán nunha sesión que contará con representantes municipais da maioría dos concellos da provincia.

 

The contents of this page were updated on 07.22.2022.