Programas de voluntariado en ACEM.
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) desenvolve diversos progamas de acompañamento a domicilio, social e persoal, e de reforzo das súas accións no Centro de Rehabilitación Integral que xestiona.
Programa de Apoio en actividades realizadas no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM
Programa de dobre vertente:
- - por un lado, trátase de actividades de intervención directa con persoas afectadas de distintas doenzas neurodexenerativas, dirixidas a adquisión e potenciación de habilidades socio-culturais, á vez que se propicia unha contorna de esparcemento.
- - polo outro, ofrece apoio e colaboración en relación á visibilización de ACEM e sensibilización social ó redor da esclerose múltiple.
- Horario: flexible, de luns a xoves en función da necesidades.
- Prazas: 2