O festival que se desenvolverá entre o 14 e o 17 de setembro de 2023 presenta un programa extenso focalizado na músca electrónica e de vangarda, artes visuais, cinema, instalacións, obradoiros e conferencias. A experiencia do festival representa unha verdadeira ruta turística, arquitectónica e artística a través da cidade.
O festival WOS recibiu recoñecementos ao mellor festival Indoor de Europa de 2018 nos European Festival Awards (EFA), e á mellor promoción turística e ao mellor festival indoor nacional nos Iberian Festival Awards (IFA) de 2019 e 2022 respectivamente.
Búscanse persoas responsables, con interese cultural e gañas de colaborar para axudar nos labores básicos de produción dun festival
As tarefas requiridas inclúen:
- Asistencia ao persoal técnico e de produción.
- Preparación de packs de benvida e información.
- Control de acreditacións.
- Asistencia ao persoal de produción na oficina de produción e nos espazos de actuación.
- Horario: flexible por quendas de mañá ou tarde (3/4 horas aproximadamente) A partir das 22 h, as/os voluntarias/os poderán asistir ao festival como público.
- Prazas: 25.
Prazo de inscrición: do 1 de agosto ata o 7 de setembro de 2023 ás 14:00 h.