Unnha oportunidade para reflexionar dende a xeografía conflitos que caracterizan o noso tempo, promovida polo GRUPO ANTE en colaboración coa Asociación Española de Xeografía

O Grupo de Pensamento Xeográfico da Asociación Española de Xeografía e o Grupo ANTE da USC organizan do 22 ao 24 de setembro o Coloquio titulado: 'O futuro da Xoegrafía en tempo de Conflitos”, na Facultade de Xeografía e Historia. Este coloquio preséntase como unha oportunidade para reflexionar desde a Xeografía, e para o futuro da Xeografía, sobre os conflitos que caracterizan o noso tempo.
Ademais das tres sesións de comunicacións que se defenderán durante o evento, cabe destacar unha conferencia inaugural a cargo de Héctor O. José Pena, presidente da Academia Arxentina de Xeografía, que se desenvolverá o día 22 ás 16,30 no Paraninfo, e unha mesa redonda sobre a figura e obra de Alexander von Humboldt, a cargo de Josefina Gómez Mendoza e Jorge Olcina Cantos, a cal terá lugar o día 23 ás 9.30 horas tamén no Paraninfo.
A asistencia ás sesións é libre e o programa completo pode consultarse na ligazón.