Ir o contido principal

X Coloquio do Grupo de Pensamento Xeográfico da Asociación Española de Xeografía

'O futuro da Xeografía en tempo de conflitos'

Do 22 ao 24 de setembro de 2022

Unnha oportunidade para reflexionar dende a xeografía conflitos que caracterizan o noso tempo, promovida polo GRUPO ANTE en colaboración coa Asociación Española de Xeografía

Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia

O Grupo de Pensamento Xeográfico da Asociación Española de Xeografía e o Grupo ANTE da USC organizan do 22 ao 24 de setembro o Coloquio titulado: 'O futuro da Xoegrafía en tempo de Conflitos”, na Facultade de Xeografía e Historia. Este coloquio preséntase como unha oportunidade para reflexionar desde a Xeografía, e para o futuro da Xeografía, sobre os conflitos que caracterizan o noso tempo.

Ademais das tres sesións de comunicacións que se defenderán durante o evento, cabe destacar unha conferencia inaugural a cargo de Héctor O. José Pena, presidente da Academia Arxentina de Xeografía, que se desenvolverá o día 22 ás 16,30 no Paraninfo,  e unha mesa redonda sobre a figura e obra de Alexander von Humboldt, a cargo de Josefina Gómez Mendoza e Jorge Olcina Cantos, a cal terá lugar o día 23 ás 9.30 horas tamén no Paraninfo.

A asistencia ás sesións é libre e o programa completo pode consultarse na ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2022.