Skip to main content

Acto académico

Festividade de San Lucas 2022, patrón da Facultade de Medicina

10.17.2022 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O reitor da USC, Antonio López Díaz, preside este acto que se celebra na Facultade de Medicina

Facultade de Medicina. Foto: Santi Alvite
Facultade de Medicina. Foto: Santi Alvite

O reitor Antonio López presidirá o acto conmemorativo da festividade de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina, nunha sesión na que o profesor Juan Vázquez-Portomeñe, avogado do Estado, pronunciará a lección maxistral 'Aspectos xurídicos da pseudociencia'

Tamén se entregarán as Placas Honoríficas da Facultade de Medicina aos profesores xubilados durante os cursos 2021-2022: Miguel Ángel Cainzos Fernández,  Luis Alberto Gómez Segade, Ángela Peñalva Maqueda,  José Manuel Pumar Cebreiro,  Benito José Regueiro Garcia,  Ernesto Juan Smyth Chamosa, e Ramón Soto Otero. 

No acto intervirán tamén a xerente do Hospital Clínico, Dona Eloína Núñez Masid e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía,  Julián Álvarez Escudero. 

The contents of this page were updated on 10.14.2022.