O reitor da USC, Antonio López Díaz, preside este acto que se celebra na Facultade de Medicina
O reitor Antonio López presidirá o acto conmemorativo da festividade de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina, nunha sesión na que o profesor Juan Vázquez-Portomeñe, avogado do Estado, pronunciará a lección maxistral 'Aspectos xurídicos da pseudociencia'
Tamén se entregarán as Placas Honoríficas da Facultade de Medicina aos profesores xubilados durante os cursos 2021-2022: Miguel Ángel Cainzos Fernández, Luis Alberto Gómez Segade, Ángela Peñalva Maqueda, José Manuel Pumar Cebreiro, Benito José Regueiro Garcia, Ernesto Juan Smyth Chamosa, e Ramón Soto Otero.
No acto intervirán tamén a xerente do Hospital Clínico, Dona Eloína Núñez Masid e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero.