Skip to main content

Presentación da segunda edición

Novas voces para a lingua

11.02.2022 | 11.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

A USC e a RAG promoven unha nova edición desta serie audiovisual de achegamento á lingua galega

Facultade de CC. da Comunicación. FOTO: Andrés Fraga
Facultade de CC. da Comunicación. FOTO: Andrés Fraga

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o día 2 de novembro ás 11.00 o acto de presentación da segunda produción audiovisual elaborada polo alumnado desta Facultade no marco do convenio entre a USC e a RAG que xa se materializou no proxecto 'Novas voces para a lingua'

Nesta ocasión, preséntase unha nova entrega de breves pezas audiovisuais deseñadas para a súa distribución nas redes sociais baixo o título xenérico de 'Superheroínas', producidas polo alumno José Manuel Diego Ferreira.

O acto contará coa presenza do vicerreitor de Profesorado da USC, Ernesto González Seoane; do presidente da Real Academia Galega, Vítor F. Freixanes; e da decana da Facultade de Ciencias da Comunicación,  Ana Isabel Rodríguez Vázquez. 

Na presentación participarán tamén as protagonistas das sete micropezas, a cociñeira Lucía Freitas, a poeta Alba Cid, a cantante Andrea Pousa, a creadora de videoxogos Laksmy Irigoyen, a xornalista Esther Estévez, a instagramer Paula Jorge e a fotógrafa Antía Castro; xunto co director da serie e o profesor Xurxo Salgado, en representación do proxecto Neofalantes.

The contents of this page were updated on 10.31.2022.