Skip to main content

Inauguración en Fonseca da exposición ‘O legado científico das Forzas Armadas en Galicia e dos galegos pertencentes as Forzas Armadas’

Logo de expoñerse este verán no Liceo Casino de Pontevedra e no Museo Militar da Coruña, o equipo de traballo en Historia da Ciencia da USC, coordinado polo profesor José Ángel Docobo Durántez, trae a Santiago a exposición ‘O legado científico das Forzas Armadas en Galicia e dos galegos pertencentes as Forzas Armadas’. A mostra inaugúrase este mércores 10 ás 13:30 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca.

Composta por preto de cen paneis, descríbense nela tanto persoeiros coma institucións militares que no transcurso do tempo deixaron pegada científica en Galicia, e mesmo se poñen en valor as contribucións de militares galegos que teñen destacado en medicina, veterinaria, navegación, astronomía ou matemáticas.

Xunto co profesor Docobo, son xestores da exposición o profesor de Historia da Ciencia Fernando Ponte Hernando, o doutor Iván Fernández Peréz, o investigador Pedro Pablo Campo Díaz e o experto en divulgación científica José Ramón González Romay.

A proposta foi valorada positivamente na convocatoria do Ministerio de Defensa correspondente a Cultura en Defensa 2018, e estará aberta ao público ata o 30 de outubro no horario habitual da Biblioteca Xeral.

The contents of this page were updated on 10.09.2018.