Skip to main content

Presentación do libro

'El horizonte europeo'

11.21.2022 | 11.00h-11.45h

Santiago de Compostela

Un volume de Emilio Pérez Touriño editado polo selo USC Editora

Presentación do volume 'El horizonte europeo. Estado-nación y socialdemocracia de la época dorada a la pandemia'
Presentación do volume 'El horizonte europeo. Estado-nación y socialdemocracia de la época dorada a la pandemia'

O Centro de Estudos Avanzados da USC acollerá o luns 21 de novembro o acto de presentación do volume 'El horizonte europeo. Estado-nación y socialdemocracia de la época dorada a la pandemia', un libro de Emilio Pérez Touriño que publica o selo USC Editora.

O evento comezará ás 11.00 horas e contará coas intervencións do reitor da USC, Antonio López; do director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan Luis Blanco Valdés, e do autor do volume.

O libro está dispoñible para a venda na libraría dixital da USC.

'El horizonte europeo'

A pandemia provocada pola covid-19 abriu un tempo novo que podería supoñer unha mudanza do capitalismo, co retorno do Estado e o decisivo papel das políticas públicas cara a un sistema máis sostible e inclusivo, sustentado por un novo contrato social entre os gobernos, as empresas e os traballadores, no contexto dunha sociedade civil máis vigorosa. Vivimos unha época que pode supoñer a necesidade e, aínda, a oportunidade para unha socialdemocracia renovada nas súas formas, nas súas políticas, e no diálogo coas outras forzas e movementos progresistas, sobre a base indispensable dunha Unión Europea que progrese na súa federalización. Non é este un libro de memorias que celebre protagonismo propio e exalte o vivido cun toque de saudade. Trátase dunha rigorosa e oportuna reflexión, fundamentada na ampla experiencia política do seu autor e organizada sobre catro conceptos clave —socialdemocracia, Estado Nación, Unión Europea e federalismo—, na perspectiva dun 'horizonte europeo' en construción: unha Europa unida e en paz, como primeiro proceso de creación dunha democracia supranacional entre pobos que secularmente se enfrontaron, en terribles conflitos bélicos, pola hexemonía no continente.
 

The contents of this page were updated on 11.21.2022.