Skip to main content

As universidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal comparten escenario no III Música e Movemento Partillados

As universidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal comparten escenario no III Música e Movemento Partillados
As universidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal comparten escenario no III Música e Movemento Partillados

As seis universidades que conforman a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal únense un ano máis para compartir a cultura e a actividade artística xeradas nesas institucións e abrir unha canle de difusión cultural universitaria transfrenteiriza que permita establecer sinerxías e fortalezas entre elas neste ámbito. Esta é a filosofía de Música e Movemento Partillados (MMP), proxecto de cooperación cultural enmarcado nas actividades da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Note de Portugal (CEER), cuxa terceira edición se desenvolverá en Braga e Guimarães os vindeiros días 20 e 21 coa Unidade de Minho como anfitrioa.

Os espectáculos son gratuítos e abertos á cidadanía e contarán cunha parte de rúa e outra a desenvolver e espazos interiores da Reitoría da Universidade de Minho. No programa mestúranse música tradicional galega, percusión, danza, jazz con termografía e outras sorpresas. Ao longo das dúas xornadas previstas celebraranse rueiros e actuacións multidisciplinares que contarán con grupos de danza contemporánea, tuna, música e danza tradicional galegas, folclore portugués ou poesía e música en fusión, entre outras propostas.

Esta terceira edición toma o relevo dos programa desenvolvidos en Vila Real e Santiago, coa USC e a universidades de Trás-os-Montes e Alto Douro como respectivas organizadores.

The contents of this page were updated on 10.17.2018.