Convocada ás 9.30 horas, a sesión ordinaria do Claustro desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía

A vindeira sesión ordinaria do Claustro Universitario desenvolverase o venres 2 de decembro nao Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía.
Convocada ás 9.30 horas en primeira convocatoria, 10 horas en segunda, a súa hora estimada de remate é
ás 15.00 horas e, de ser necesario, continuarase entre as 16 e as 20 horas.
Entre os temas da orde do día figura a aprobación das Liñas Xerais da Programación Plurianual 2023-2026, do límite de gasto non financeiro e das Liñas Xerais do Orzamento 2023, ademais da creación dunha Comisión de Internacionalización, delegada do Claustro Universitario, e a presentación do informe do reitor. O encontro concluirá cunha rolda aberta de intervencións.
A sesión poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube da USC.