Ir o contido principal

Sesión Ordinaria do Claustro Universitario

02.12.2022 | 09.30h-15.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Convocada ás 9.30 horas, a sesión ordinaria do Claustro desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía

A sesión ordinaria do Claustro desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía. FOTO: Santi Alvite
A sesión ordinaria do Claustro desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía. FOTO: Santi Alvite

A vindeira sesión ordinaria do Claustro Universitario desenvolverase o venres 2 de decembro nao Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía. 

Convocada ás 9.30 horas en primeira convocatoria, 10 horas en segunda, a súa hora estimada de remate  é
ás 15.00 horas e, de ser necesario, continuarase entre as 16 e as 20 horas.

Entre os temas da orde do día figura a aprobación das Liñas Xerais da Programación Plurianual 2023-2026, do límite de gasto non financeiro e das Liñas Xerais do Orzamento 2023, ademais da creación dunha Comisión de Internacionalización, delegada do Claustro Universitario, e a presentación do informe do reitor. O encontro concluirá cunha rolda aberta de intervencións. 

A sesión poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube da USC.

Seguir en liña
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2022.