Skip to main content

II Encontro Estatal Feminista de Traballo Social

12.02.2022 | 09.30h-14.00h

Decálogo para un traballo social feminista e para a coeducación

Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. FOTO: Andrés Fraga
Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. FOTO: Andrés Fraga

O día 2 de decembro celebrarase o II Encontro Estatal Feminista de Traballo Social, promovido pola Rede Feminista de profesionais do Traballo Social en España. O primeiro destes encontros celebrouse fai catro anos na Universidade Complutense de Madrid e durante o mesmo propúxose a Santiago como sede da actual edición.

O encontro inaugúrase ás 9.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e ofrecerá unha mesa de experiencias sobre violencia machista centrado na violencia vicaria, unha exposición do Grupo Koremi arredor do proxecto educativo GENEROEDUCA, e unha mesa de profesionais para a elaboración dun decálogo de traballo social feminista e para a a educación. 

A asistencia, en liña ou presencial, é libre. 

Programa do encontro
Programa do encontro
The contents of this page were updated on 11.29.2022.