Santiago de Compostela
Salón de Actos
Decálogo para un traballo social feminista e para a coeducación

O día 2 de decembro celebrarase o II Encontro Estatal Feminista de Traballo Social, promovido pola Rede Feminista de profesionais do Traballo Social en España. O primeiro destes encontros celebrouse fai catro anos na Universidade Complutense de Madrid e durante o mesmo propúxose a Santiago como sede da actual edición.
O encontro inaugúrase ás 9.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación e ofrecerá unha mesa de experiencias sobre violencia machista centrado na violencia vicaria, unha exposición do Grupo Koremi arredor do proxecto educativo GENEROEDUCA, e unha mesa de profesionais para a elaboración dun decálogo de traballo social feminista e para a a educación.
A asistencia, en liña ou presencial, é libre.
