Skip to main content

Conferencia internacional sobre Márketing e Tecnoloxías

ICMarkTech/22

12.01.2022-12.03.2022 | 10.00h

Santiago de Compostela
Aula A

Máis de 70 congresistas internacionais participan neste encontro que se desenvolve na Facultade Ciencias Económicas e Empresariais da USC

O ICMarkTech´22 desenvolverase en Santiago de Compostela do 1 ao 3 de decembro
O ICMarkTech´22 desenvolverase en Santiago de Compostela do 1 ao 3 de decembro

O ICMarkTech´22 desenvolverase en Santiago de Compostela do 1 ao 3 de decembro. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este encontro internacional que reunirá máis de 70 congresistas especializadas/os en mercadotecnica e tecnoloxías. 

A inauguración do evento, prevista o 1 de decembro ás 10.00 horas na Aula A do centro, contará coa intervención da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; do decano da Facultade, Xoan Ramón Doldán García; do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño; do profesor da Universidade de Maia-ISMAI (Porto), Jose Luis Reis, en representación do comité coordinador do evento;  e coa profesora da USC Marisa del Río como cabeza do comité organizador. 

A seguir, Carlos Flavián, da Universidade de Zaragoza, e  Hilke Plassmann, do INSEAD-París, impartirán as conferencias tituladas “Beyond digital marketing through service automation” e “The new science of Neuroforecasting”.

O programa completo do evento pode ser consultado nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 12.01.2022.