Máis de 70 congresistas internacionais participan neste encontro que se desenvolve na Facultade Ciencias Económicas e Empresariais da USC

O ICMarkTech´22 desenvolverase en Santiago de Compostela do 1 ao 3 de decembro. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este encontro internacional que reunirá máis de 70 congresistas especializadas/os en mercadotecnica e tecnoloxías.
A inauguración do evento, prevista o 1 de decembro ás 10.00 horas na Aula A do centro, contará coa intervención da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; do decano da Facultade, Xoan Ramón Doldán García; do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño; do profesor da Universidade de Maia-ISMAI (Porto), Jose Luis Reis, en representación do comité coordinador do evento; e coa profesora da USC Marisa del Río como cabeza do comité organizador.
A seguir, Carlos Flavián, da Universidade de Zaragoza, e Hilke Plassmann, do INSEAD-París, impartirán as conferencias tituladas “Beyond digital marketing through service automation” e “The new science of Neuroforecasting”.
O programa completo do evento pode ser consultado nesta ligazón.