Skip to main content

O Museo de Historia Natural da USC organiza dúas actividades no Parque de Vista Alegre co motivo do Día do Medio Ambiente

O Museo de Historia Natural organiza dúas actividades para celebrar o Día do Medio Ambiente
O Museo de Historia Natural organiza dúas actividades para celebrar o Día do Medio Ambiente

O Museo de Historia Natural (MHN) da USC organiza dúas actividades de lecer no Parque de Vista Alegre o próximo martes 5 de xuño, co motivo do Día do Medio Ambiente. As actividades son de balde con previa inscrición na web do MHN.
A primeira actividade, que comezará ás 16.30 horas e está dirixida a un público infantil ata os 12 anos acompañados das súas familias, contará a historia de ‘Paco’, o carballo máis vello do parque. Co motivo do seu aniversario, os máis pequenos poderán coñecer a súa vida dende que era soamente unha semente, hai máis de 100 anos, ata os nosos días. Despois, os participantes percorrerán o parque na procura dos amigos de ‘Paco’ para convidalos a súa festa de aniversario.

A segunda actividade terá lugar ás 18.30 horas e está dirixida a un público adulto e nenos e nenas maiores. Consistirá nunha ruta polo Parque Vista Alegre e zonas próximas co obxectivo de facer un percorrido a través das lendas, usos e aplicacións das diferentes especies de árbores máis vinculadas á humanidade.

The contents of this page were updated on 05.29.2018.