Skip to main content

11 F na USC

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

O programa de actividades arranca o 1 de febreiro

Varios espazos
Lugo e Santiago de Compostela

Cara á conmemoración do Día Internacional das Mulleres e a Nenas na Ciencia a USC desenvolve un programa de actividades coas que visibilizar referentes femininos nas CTEM epromover o acceso das rapazas ao ámbito cientíifico,

11F, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia
11F, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

En 2015,a Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e para lograr ademais a igualdade de xénero e o seu apoderamento.

Co mesmo albo, a USC programa anualmente diferentes actividades nas datas próximas ao 11 de febreiro que buscan promover a sensibilización da comunidade universitaria e a cidadanía das localidades que dan abeiro aos campus. Velaquí a relación de actividades previstas en 2023

Unha enxeñeira ou científica en cada cole. 8ª edición

  • Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.
  • Dirixida a alumnado de 4º Primaria.
  • Datas: ao longo dos meses de febreiro e marzo.
  • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago.
  • Máis información: Unha enxeñeira ou científica en cada cole

CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS

IV  Masterclass de Física de Partículas

  • Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico
  • Dirixido a alumnas de 1.º de Bacharelato
  • Data: 10 de febreiro de 2023.
  • Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
  • Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
  • Máis información: Masterclass de Física de Partículas 

Simposio: o potencial das mulleres na investigación e na comunicación da ciencia para a vida cotiá coa orientación dos ODS

  • Data e hora: 10 de febreiro a partir das 10.30 horas
  • Lugar: Coliseo Noela, Noia
  • Dirixido a alumnado dos IES Virxe do Mar de Noia, IES Poeta Añón de Outes e IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.
  • Organiza: Proxecto Climántica. Universidade de Santiago de Compostela (Grupo SEPA-Interea), Fábrica Centro Ciencia Viva da Universidade de Abeiro, Portugal; coa colaboración do IES Virxe do Mar de Noia e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMaga)
  • Máis información

Coloquio telemático sobre a carreira investigadora das mulleres

  • Obxectivo: coloquio telemático no que integrantes do grupo de innovación docente do Campus de Lugo de diferentes áreas de coñecemento e xeracións distintas achegan as súas experiencias a alumnado non universitario.
  • Dirixido a alumnado de infantil, primaria e secundaria de toda Galicia
  • Data: 10 de febreiro ás 12 horas a través da canle de YouTube de XuvenCiencia
  • Organiza: Grupo XuvenCiencia

Exposición fotográfica

  • Obxectivo: visibilización das mulleres investigadoras da facultade (profesoras, bolseiras, etc.) nos seus laboratorios.
  • Data e lugar: dende o día 10 de febreiro nas pantallas da Facultade de Ciencias
  • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Ciencias.

Nomeamento do aulario 'María Teresa Villarino Valdivieso'

  • Acto de nomeamento do aulario "María Teresa Villarino Valdivieso", primeira Enxeñeira de Montes de Galicia. Amadriñado pola catedrática Mª Isabel Fernández García.
  • Data: 10 de febreiro.
  • Lugar: Aulario 1 da da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE)
  • Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.

Exposición 'A Muller e a Nena na Enxeñaría e na Ciencia'

  • Data: dende o 10 de febreiro.
  • Lugar: Pavillón 3 da  Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
  • Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.

Retratos 11F 'Campaña Somos Quen: Científicas preto de Ti'

  • Obxectivo: visibilizar o labor e a traxectoria das investigadoras do CiTIUS para compartir con elas a súa experiencia a través dunha serie de relatos de proximidade
  • Data: dende o 11de febreiro.
  • Organiza: CiTIUS

Living Science - Investigadoras contra o cancro

  • Obxectivo: ofrecer á mocidade obradoiros de nutrición, extracción de ADN e ilusións sensoriais nos que poidan coñecer os conceptos básicos sobre a pirámide alimentaria, os compoñentes do sangue, como medir a temperatura corporal sen usar termómetro e realizar outros experimentos sobre coñecemento e memoria.
  • Día e hora: o luns, 13 de febreiro de 10.00 horas a 14.00 horas e de 15.30 horas a 17.00 horas. 
  • Lugar: CiMUS
  • Organiza: CiMUS e Asociación Española contra o Cancro
  • Máis información na web do CiMUS

Obradoiro 'O uso do xogo e a arte para educar na enxeñaría dende a infancia'

  • Obxectivo: achegar a idea de enxeñaría ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de educación primaria, relacionando a súa vida e os seus xogos cotiás co mundo da enxeñaría desde una visión igualitaria, e sen utilizar, necesariamente, a tecnoloxía no proceso da aprendizaxe. relatos de proximidade
  • Organiza: CiTIUS

Ultra-Violetas II: Camiñando Xuntas cara a Igualdade na Academia

  • Obxectivo: afondar nos desafíos que as mulleres teñen que afrontar ao longo dunha carreira científica ou académica.
  • Dirixida a toda a comunidade universitaria.
  • Día e hora: 14 de febreiro de 19.00 a 21.00.
  • Lugar: Aula 1 da Facultade de Filosofía.
  • Organiza: Grupo de divulgación Luzada da Facultade de Óptica e Optometría coa colaboración da Facultade de Filosofía da USC.
  • Máis información: @luzada_usc

Relatorio "Perspectiva de Xénero na Ciencia"

  • No marco do ciclo de conferencias “Reactiva a túa Química”
  • Relatora:  Mª Encina Calvo Iglesias, profesora de Física Aplicada da USC.
  • Data e hora: 15 de febreiro. 13 horas.
  • Lugar: Aula Magna da Facultade de Química.
  • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química.

Mesa redonda 'Biólogas: tres experiencias no estudo da natureza'

  • Relatoras: Sara Vázquez Mera,  Carola Gómez Rodríguez e María Isabel Rodríguez-Moldes Rey.
  • Data e horario: 15 de febreiro ás 17.30h.
  • Lugar: Salón de Graos da Facultade de Bioloxía.
  • Organiza: Facultade de Bioloxía.

Relatorio 'O Telescopio Espacial James Webb: ollando cara atrás no tempo'

  • Relatora: Mª Begoña Vila Costas, enxeñeira de Sistemas de Instrumentación na NASA Goddard Space Flight Centre.
  • Datas e lugar:  16 de febreiro ás 12.15h. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
  • Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
  • Inscrición: https://forms.office.com/e/ub0RHmsKb9

Día 11F - Plan Complementario Biotecnología

  • Obxectivo: vídeos das investigadoras do Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde que comparten a súa experiencia para que as nenas e outras mulleres escollen tamén o camiño da ciencia.
  • Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía da USC: https://www.youtube.com/watch?v=ll8_OS0b4j4

Difusión do vídeo de presentación do libro "Mulleres na Química"

  • Autoría: Sergio Menargues Irles, profesor de Química do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Alacante.
  • Vídeo: https://www.colquiga.org/libros
  • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química.

 

The contents of this page were updated on 02.28.2023.