Cara á conmemoración do Día Internacional das Mulleres e a Nenas na Ciencia a USC desenvolve un programa de actividades coas que visibilizar referentes femininos nas CTEM epromover o acceso das rapazas ao ámbito cientíifico,

En 2015,a Asemblea Xeral de Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e para lograr ademais a igualdade de xénero e o seu apoderamento.
Co mesmo albo, a USC programa anualmente diferentes actividades nas datas próximas ao 11 de febreiro que buscan promover a sensibilización da comunidade universitaria e a cidadanía das localidades que dan abeiro aos campus. Velaquí a relación de actividades previstas en 2023
Unha enxeñeira ou científica en cada cole. 8ª edición
- Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.
- Dirixida a alumnado de 4º Primaria.
- Datas: ao longo dos meses de febreiro e marzo.
- Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago.
- Máis información: Unha enxeñeira ou científica en cada cole
CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS
- Dirixida a alumnado de bacharelato STEM do IES de Brión e o IES Alfonso X o Sabio de Cambre.
- Data: 9 de febreiro.
- Organiza: Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares CiQUS).
- Máis información: https://www.usc.es/ciqus/es/eventos/cientifiqas-ciencia-feita-por-mulleres-no-ciqus
IV Masterclass de Física de Partículas
- Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico
- Dirixido a alumnas de 1.º de Bacharelato
- Data: 10 de febreiro de 2023.
- Lugar: Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC
- Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)
- Máis información: Masterclass de Física de Partículas
Simposio: o potencial das mulleres na investigación e na comunicación da ciencia para a vida cotiá coa orientación dos ODS
- Data e hora: 10 de febreiro a partir das 10.30 horas
- Lugar: Coliseo Noela, Noia
- Dirixido a alumnado dos IES Virxe do Mar de Noia, IES Poeta Añón de Outes e IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.
- Organiza: Proxecto Climántica. Universidade de Santiago de Compostela (Grupo SEPA-Interea), Fábrica Centro Ciencia Viva da Universidade de Abeiro, Portugal; coa colaboración do IES Virxe do Mar de Noia e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática (CITMaga)
- Máis información
Coloquio telemático sobre a carreira investigadora das mulleres
- Obxectivo: coloquio telemático no que integrantes do grupo de innovación docente do Campus de Lugo de diferentes áreas de coñecemento e xeracións distintas achegan as súas experiencias a alumnado non universitario.
- Dirixido a alumnado de infantil, primaria e secundaria de toda Galicia
- Data: 10 de febreiro ás 12 horas a través da canle de YouTube de XuvenCiencia
- Organiza: Grupo XuvenCiencia
Exposición fotográfica
- Obxectivo: visibilización das mulleres investigadoras da facultade (profesoras, bolseiras, etc.) nos seus laboratorios.
- Data e lugar: dende o día 10 de febreiro nas pantallas da Facultade de Ciencias
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Ciencias.
Nomeamento do aulario 'María Teresa Villarino Valdivieso'
- Acto de nomeamento do aulario "María Teresa Villarino Valdivieso", primeira Enxeñeira de Montes de Galicia. Amadriñado pola catedrática Mª Isabel Fernández García.
- Data: 10 de febreiro.
- Lugar: Aulario 1 da da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE)
- Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.
Exposición 'A Muller e a Nena na Enxeñaría e na Ciencia'
- Data: dende o 10 de febreiro.
- Lugar: Pavillón 3 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.
Retratos 11F 'Campaña Somos Quen: Científicas preto de Ti'
- Obxectivo: visibilizar o labor e a traxectoria das investigadoras do CiTIUS para compartir con elas a súa experiencia a través dunha serie de relatos de proximidade
- Data: dende o 11de febreiro.
- Organiza: CiTIUS
Living Science - Investigadoras contra o cancro
- Obxectivo: ofrecer á mocidade obradoiros de nutrición, extracción de ADN e ilusións sensoriais nos que poidan coñecer os conceptos básicos sobre a pirámide alimentaria, os compoñentes do sangue, como medir a temperatura corporal sen usar termómetro e realizar outros experimentos sobre coñecemento e memoria.
- Día e hora: o luns, 13 de febreiro de 10.00 horas a 14.00 horas e de 15.30 horas a 17.00 horas.
- Lugar: CiMUS
- Organiza: CiMUS e Asociación Española contra o Cancro
- Máis información na web do CiMUS
Obradoiro 'O uso do xogo e a arte para educar na enxeñaría dende a infancia'
- Obxectivo: achegar a idea de enxeñaría ao alumnado de educación infantil e primeiros cursos de educación primaria, relacionando a súa vida e os seus xogos cotiás co mundo da enxeñaría desde una visión igualitaria, e sen utilizar, necesariamente, a tecnoloxía no proceso da aprendizaxe. relatos de proximidade
- Organiza: CiTIUS
Ultra-Violetas II: Camiñando Xuntas cara a Igualdade na Academia
- Obxectivo: afondar nos desafíos que as mulleres teñen que afrontar ao longo dunha carreira científica ou académica.
- Dirixida a toda a comunidade universitaria.
- Día e hora: 14 de febreiro de 19.00 a 21.00.
- Lugar: Aula 1 da Facultade de Filosofía.
- Organiza: Grupo de divulgación Luzada da Facultade de Óptica e Optometría coa colaboración da Facultade de Filosofía da USC.
- Máis información: @luzada_usc
Relatorio "Perspectiva de Xénero na Ciencia"
- No marco do ciclo de conferencias “Reactiva a túa Química”
- Relatora: Mª Encina Calvo Iglesias, profesora de Física Aplicada da USC.
- Data e hora: 15 de febreiro. 13 horas.
- Lugar: Aula Magna da Facultade de Química.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química.
Mesa redonda 'Biólogas: tres experiencias no estudo da natureza'
- Relatoras: Sara Vázquez Mera, Carola Gómez Rodríguez e María Isabel Rodríguez-Moldes Rey.
- Data e horario: 15 de febreiro ás 17.30h.
- Lugar: Salón de Graos da Facultade de Bioloxía.
- Organiza: Facultade de Bioloxía.
Relatorio 'O Telescopio Espacial James Webb: ollando cara atrás no tempo'
- Relatora: Mª Begoña Vila Costas, enxeñeira de Sistemas de Instrumentación na NASA Goddard Space Flight Centre.
- Datas e lugar: 16 de febreiro ás 12.15h. Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
- Organiza: Comisión de Igualdade da ETSE.
- Inscrición: https://forms.office.com/e/ub0RHmsKb9
Día 11F - Plan Complementario Biotecnología
- Obxectivo: vídeos das investigadoras do Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde que comparten a súa experiencia para que as nenas e outras mulleres escollen tamén o camiño da ciencia.
- Mabel Loza, catedrática de Farmacoloxía da USC: https://www.youtube.com/watch?v=ll8_OS0b4j4
Difusión do vídeo de presentación do libro "Mulleres na Química"
- Autoría: Sergio Menargues Irles, profesor de Química do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Alacante.
- Vídeo: https://www.colquiga.org/libros
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Química.