Skip to main content

Ata un centro de estudantes poderán participar este ano na Masterclass de Física de Partículas do IGFAE

Imaxe de arquivo videoconferencia con equipos científicos do CERN
Imaxe de arquivo videoconferencia con equipos científicos do CERN
É unha iniciativa aberta a alumnado de 2º Bacharelato e busca espertar futuras vocacións científicas
Santiago de Compostela

Física de partículas coas mans’ é o lema da nova masterclass que organizará o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) o vindeiro 3 de marzo dirixida a alumnado de 2º de Bacharelato interesado na física e no mundo da investigación. Esta xornada, persegue dar a coñecer o día a día da investigación en física de partículas, mostrar o traballo punteiro que se desenvolve dende o centro instalado na USC e espertar futuras vocacións científicas entre o alumnado pre-universitario.

A sesión do vindeiro 3 de marzo inclúe unha serie de conferencias sobre física de partículas, ademais dunha práctica en grupos para a identificación de eventos ‒como as colisións de partículas‒ cuxos resultados serán discutidos por medio de videoconferencia con equipos científicos do CERN e con outros institutos europeos que participan simultaneamente na xornada.

En base á experiencia acumulada en edicións anteriores e á boa aceptación desta proposta, nesta edición amplíase a oferta de prazas abríndose a 100 estudantes. Poderán participar dúas persoas por centro educativo, ademais do profesorado se o desexa. Para asistir é preciso cubrir o formulario de inscrición antes das 23.59 horas do domingo 17 de febreiro. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada ata completar capacidade.

Na última edición, 69 estudantes ‒dos que o 46% foron rapazas‒, participaron nesta xornada promovida polo Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas (IPPOG) en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN e Fermilab que se celebra en máis de 220 lugares de 55 países con máis de 13.000 participantes en todo o mundo.

Cartel da iniciativa
Cartel da iniciativa
The contents of this page were updated on 02.02.2023.