O programa 'Faíscas Culturais' colabora co Ciclo de Cinema Filosófico da USC para ofrecer unha conversa arredor da adaptación cinematográfica do texto shakespeariano realizada por de G. Kozintsev.

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía toma parte no ciclo 'Faíscas culturais' e programa o martes 21 de marzo ás 17.00 horas a proxección en VOSE do filme Hamlet (1964) do cineasta ruso Grigori Kozintsev. Os docentes da Facultade de Filoloxía Anxo Abuín e Laura Lojo conducirán unha conversa que afonda nesta adaptación cinematográfica da peza de Shakespeare para favorecer a reflexión nas aulas a partir de diferentes manifestacións artísticas.
Os profesores Xavier de Donato Rodríguez e Óscar Parcero Oubiña conducen esta sesión que se desenvolverá no Salón de Actos do centro con entrada libre ata completar a capacidade da sala.