Ir o contido principal

Faíscas Culturais e Ciclo de Cinema Filosófico

Hamlet

21.03.2023 | 17.00h-19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O programa 'Faíscas Culturais' colabora co Ciclo de Cinema Filosófico da USC para ofrecer unha conversa arredor da adaptación cinematográfica do texto shakespeariano realizada por de G. Kozintsev.

Faíscas Culturais acende a reflexión e o debate arredor de Shakespeare nas aulas e espazos da USC
Faíscas Culturais acende a reflexión e o debate arredor de Shakespeare nas aulas e espazos da USC

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía toma parte no ciclo 'Faíscas culturais' e programa o martes 21 de marzo ás 17.00 horas a proxección en VOSE do filme Hamlet (1964) do cineasta ruso Grigori Kozintsev. Os docentes da Facultade de Filoloxía Anxo Abuín  e Laura Lojo conducirán unha conversa que afonda nesta adaptación cinematográfica da peza de Shakespeare para favorecer a reflexión nas aulas a partir de diferentes manifestacións artísticas.

Os profesores Xavier de Donato Rodríguez e Óscar Parcero Oubiña conducen esta sesión que se desenvolverá no Salón de Actos do centro con entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2023.