Skip to main content

Os alumnos de 6º do Grao de Medicina realizan no Hospital Clínico de Santiago a avaliación de competencias obxectiva e estruturada (ACOE)

No Hospital Clínico de Santiago, o sábado día cinco, dende as oito ás vinte horas

O edificio das consultas externas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, acollerá este sábado, día 5, as probas da Avaliación de Competencias Obxectiva e Estruturada do Grao en Medicina. Para elo son necesarias dispoñer dunhas 150 consultas onde 400 titores examinarán, durante un total de 200 minutos, a cada un dos 400 alumnos de sexto de medicina que participan. A USC realiza esta proba conforme ás directrices da Conferencia Nacional de Decanos das Facultade de Medicina (DNDM).

A proba consta de 20 estacións de 4 tipos (pacientes estandarizados ou simulados, informes clínicos, manequíns e imaxes clínicas) que deberán ser realizadas de forma sucesiva segundo a orde establecida para cada alumno. A proba comeza de forma simultánea en todas as estacións, agás naquelas que están asociadas a unha estación previa. Está previsto realizar 4 sesións cada unha das cales terá 5 rodas simultáneas.

Na porta de cada estación haberá unha folla denominada situación de partida, onde está descrita a información básica sobre o caso, así como as tarefas a realizar. O tempo dispoñible para cada estación é de 8 minutos. Avisarase por megafonía cando o tempo que quede pendente sexa de 2 minutos e, de novo, cando sexa necesario cambiar de estación.

The contents of this page were updated on 05.04.2018.