Promovido polo Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS)

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) acollerá o 9 de xuño o 2º Obradoiro sobre Endotelio, un encontro que reunirá figuras expertas da contorna internacional arredor do estudo do endotelio dende a bioloxía fundamental ata a inflamación e a fisiopatoloxía.
Na relación de intervencións figuran voces expertas como Ellie Tzima da Medical Science Division da University of Oxford; Andreas Fischer da University Medical Center, Goettingen University; Claudio A. Franco, do Instituto de Medicina Molecular Joao Lobo Antunes da Faculdade de Medicina da Universidade de Lisboa; Jaime Millán, do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa; Mariona Graupera do Josep Carreras Leukaemia Research Institute; Rui Benedito do Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares; Carmen Marín da Universidad de León; Alicia García Arroyo, do Centro de Investigaciones Biológicas; María Jesús Sanz, da Universitat de Valencia; Luisa Botella do Centro de Investigaciones Biológicas; Juan Zalvide, do CiMUS; Eduardo Oliver, do Centro de Investigaciones Biológicas; Melissa García Caballero, da Universidad de Málaga: Natalia Reglero, do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa ou Sandra D Castillo, do Josep Carreras Leukaemia Institute.
O programa completo de intervencións está dispoñible na web do evento.