Pasar al contenido principal

II Obradoiro sobre Endotelio

Promovido polo Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS)

II Spanish Workshop on Endothelium
II Spanish Workshop on Endothelium

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) acollerá o 9 de xuño o 2º Obradoiro sobre Endotelio, un encontro que reunirá figuras expertas da contorna internacional arredor do estudo do endotelio dende a bioloxía fundamental ata a inflamación e a fisiopatoloxía. 

Na relación de intervencións figuran voces expertas como Ellie Tzima da Medical Science Division da University of Oxford; Andreas Fischer da  University Medical Center, Goettingen University; Claudio A. Franco, do Instituto de Medicina Molecular Joao Lobo Antunes da Faculdade de Medicina da Universidade de Lisboa;  Jaime Millán, do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa; Mariona Graupera do Josep Carreras Leukaemia Research Institute; Rui Benedito do Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares; Carmen Marín da Universidad de León;  Alicia García Arroyo, do Centro de Investigaciones Biológicas; María Jesús Sanz, da Universitat de Valencia; Luisa Botella do Centro de Investigaciones Biológicas;  Juan Zalvide, do CiMUS; Eduardo Oliver, do Centro de Investigaciones Biológicas; Melissa García Caballero, da Universidad de Málaga: Natalia Reglero, do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa ou Sandra D Castillo, do Josep Carreras Leukaemia Institute. 

O programa completo de intervencións está dispoñible na web do evento

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.04.2023.