Skip to main content

'Mulleres Malas'

VII Xornadas Internacionais Mulleres na Historia

05.05.2023 | 09.15h-20.00h

Santiago de Compostela
Paraninfo

O Grupo de Investigación 'Historia Moderna' (GIHM) da USC promove este encontro coordinado polas profesoras Ofelia Rey Castelao e Ana Mª Sixto Barcia

Cartel da xornada
Cartel da xornada

'Mulleres Malas' é o título das VII Xornadas Internacionais Mulleres na Historia que, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia, se desenvolverán o día 5 de maio de 2023 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. 

A partir das 09.15 horas, este encontro científico congregará na Universidade de Santiago de Compostela investigadoras e investigadores das contornas estatal e europea que afondarán na historia para recuperar  o relato das mulleres insumisas e rebeldes, dos tribunais de opinión aos que eran sometidas, da súa incidencia nas ambicións e conflitos da elite galega, do rol como prestamistas ou contrabandistas, da violencia o escándalo e a integración das mulleres na Orde Terceira franciscana, da súa infamia e das sentenzas á morte, entre outras cuestións. 

Este encontro promovido polo GIHM, e aberto a toda a comunidade investigadora,  poderá seguirse de xeito presencial ou, no caso de estudantes e investigadoras/es externas/os á USC, tamén a distancia a través de MS Teams. A inscrición é gratuíta e pode realizarse ata o día 4 de maio, ás 14 horas, a través dun correo electrónico enviado ao enderezo de Antonio González López (antoniogonzalez.lopez [at] usc.es (antoniogonzalez[dot]lopez[at]usc[dot]es)). As persoas alleas á USC que queiran asistir deberán contactar cos secretarios da actividade, Antonio González López (antoniogonzalez.lopez [at] usc.es (antoniogonzalez[dot]lopez[at]usc[dot]es)) e Alex Valledor Aróstegui (alex.valledor.arostegui [at] usc.es (alex[dot]valledor[dot]arostegui[at]usc[dot]es)), para obter a ligazón de acceso virtual.

As Xornadas están recoñecidas pola CAPD,  por acordo do día 10 de abril de 2023, polo que se entregará certificado dun valor de 10 horas ao estudantado do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. Tamén se entregará diploma de asistencia presencial ao estudantado dos mestrados e dos graos universitarios da USC, igualmente por dez horas, así como a outro público interesado. Para obter o diploma de asistencia é preciso asistir, cando menos, ao 80% do encontro.

The contents of this page were updated on 04.25.2023.