Skip to main content

Estuda na USC

O camiño do saber

Eu son USC

Estou a piques de vivir novas experiencias, eu son de abrirme ao descoñecido para construír a miña mellor versión. Imaxínome avanzando polo campus, cruzando sorrisos con persoas que aínda non coñezo pero, podo intuílo, serán importantes na miña vida. Estou a piques de cruzar esa porta. Custou pero conseguino. É unha boa decisión. Chegou a hora de transformar os soños en realidade, de traballar polos meus obxectivos sen renunciar a gozar e compartir o camiño que me leva ata eles. O desafío do deporte e o compañeirismo. Eu son de aprender a superarme, de mergullarme na cultura para viaxar no tempo e no espazo. As vibracións da música acompasan o meu ritmo. Eu son de todo isto, igual ca ti. Son eu. Somos nós. Eu son USC.

 

The contents of this page were updated on 07.23.2024.