Organizado polo Grupo de Estudos Internacionais da USC e o Instituto de Estudos Internacionais da Pontificia Universidade Católica do Perú

O vindeiro xoves 15 de xuño terá lugar o Seminario internacional 'Novos desenvolvementos no ámbito do Dereito do Mar: perspectivas hispano-peruanas', organizado conxuntamente polo Grupo de Estudos Internacionais (GRESIN) da Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudos Internacionais (IDEI) da Pontificia Universidade Católica do Perú.
Esta actividade académica xorde ao abeiro do proxecto de investigación 'A implementación do ODS 14 en España e a UE: desafíos regulatorios para a cooperación internacional e a seguridade marítima', financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades' e desenvolverase por vía telemática (Zoom) ás 18.00 horas.
A inscrición no seminario é gratuíta previa inscrición.