Ir o contido principal

Seminario Internacional

Novos desenvolvementos no ámbito do Dereito do Mar: perspectivas hispano-peruanas

15.06.2023 | 18.00h

En liña vía ZOOM

Organizado polo Grupo de Estudos Internacionais da USC e o Instituto de Estudos Internacionais da Pontificia Universidade Católica do Perú

Cartel do seminario
Cartel do seminario

O vindeiro xoves 15 de xuño terá lugar o Seminario internacional 'Novos desenvolvementos no ámbito do Dereito do Mar: perspectivas hispano-peruanas', organizado conxuntamente polo Grupo de Estudos Internacionais (GRESIN) da Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudos Internacionais (IDEI) da Pontificia Universidade Católica do Perú.

Esta actividade académica xorde ao abeiro do proxecto de investigación 'A implementación do ODS 14 en España e a UE: desafíos regulatorios para a cooperación internacional e a seguridade marítima', financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades' e desenvolverase por vía telemática (Zoom)  ás 18.00 horas. 

A inscrición no seminario é gratuíta previa inscrición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2023.