Skip to main content

Graduación da promoción 2019-2023 do Grao Pedagoxía

06.30.2023 | 17.30h

Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

O vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá o acto académico

Facultade de Ciencias da Educación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Educación. FOTO: Santi Alvite

A promoción 2019-2023 do Grao en Pedagoxía celebra a súa graduación o venres 30 de xuño a partir das 17.30 horas no Auditorio de Galicia.  

O vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá este acto no que tamén tomarán parte a decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo Moledo; a profesora de honra da promoción, Ana Vázquez Rodríguez; o padriño da promoción Alexandre Sotelino Losada; e a madriña, Cristina Varela Portela. 

Elba Calviño Bugallo, Paula Campos Álvarez e Katia Cino Rouco, tomarán tamén a palabra en representantación do estudantado da promoción 2019-2023.

The contents of this page were updated on 06.30.2023.