Skip to main content

Vitae's Researcher Development Framework (RDF) Webinar

07.11.2023

En liña

Seminario web promovido pola Universidade Europea do Benestar en colaboración coa asociación sen ánimo de lucro Vitae

Cartel do webinar
Cartel do webinar

A alianza EUniWell colabora coa asociación sen ánimo de lucro Vitae para apoiar o desenvolvemento profesional do persoal investigador. Ao abeoro desta relación, convócase un seminario web para persoal investigador e estudantado de doutoramento sobre o Researcher Development Framework (RDF) que se desenvolverá o 11 de xullo de 11.00 a 12.30 h.

O planificador RDF é unha ferramenta de desenvolvemento profesional desenvolvida por Vitae que inclúe unha aplicación de xestión de habilidades en liña deseñada especificamente para o desenvolvemento persoal, profesional e profesional de investigadora e investigadores- As persoas usuarias da ferramenta poden, a través dela, explorar as diferentes áreas de especialización relacionadas coa investigación e establecer obxectivos de desenvolvemento personalizados. Iso permitiralles progresar na súa competencia en cada área establecendo obxectivos, realizando actividades e construíndo unha carteira baseada na evidencia dos seus logros.

A inscrición no seminario é de balde e pode realizarse en liña. Para acceder a información máis detallada sobre o seminario, recoméndase visitar a web de EUniWell ou contactar co equipo organizador a través do enderezo euniwell [at] univ-nantes.fr (euniwell[at]univ-nantes[dot]fr)

The contents of this page were updated on 06.22.2023.