Seminario web promovido pola Universidade Europea do Benestar en colaboración coa asociación sen ánimo de lucro Vitae

A alianza EUniWell colabora coa asociación sen ánimo de lucro Vitae para apoiar o desenvolvemento profesional do persoal investigador. Ao abeoro desta relación, convócase un seminario web para persoal investigador e estudantado de doutoramento sobre o Researcher Development Framework (RDF) que se desenvolverá o 11 de xullo de 11.00 a 12.30 h.
O planificador RDF é unha ferramenta de desenvolvemento profesional desenvolvida por Vitae que inclúe unha aplicación de xestión de habilidades en liña deseñada especificamente para o desenvolvemento persoal, profesional e profesional de investigadora e investigadores- As persoas usuarias da ferramenta poden, a través dela, explorar as diferentes áreas de especialización relacionadas coa investigación e establecer obxectivos de desenvolvemento personalizados. Iso permitiralles progresar na súa competencia en cada área establecendo obxectivos, realizando actividades e construíndo unha carteira baseada na evidencia dos seus logros.
A inscrición no seminario é de balde e pode realizarse en liña. Para acceder a información máis detallada sobre o seminario, recoméndase visitar a web de EUniWell ou contactar co equipo organizador a través do enderezo euniwell [at] univ-nantes.fr (euniwell[at]univ-nantes[dot]fr).