Skip to main content

Alimentación saudable: relación da saúde e a enfermidade coa alimentación

Docente da USC: Patricia Regal López
Profesora contratada doutora da área de Nutrición e Bromatoloxía

Docente externo:
Laura Sas Barbeito
Salvador Fernández Rico

N.º de créditos: 3

Introdución

Na materia Alimentación saudable: relación da saúde e a enfermidade coa alimentación realízase un percorrido polos distintos aspectos da nutrición e alimentación humana así como a seguridade alimentaria. Está dirixido aos alumnos de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela do Campus Terra de Lugo. Comézase o estudo da materia cunha breve aproximación ás xeneralidades da alimentación humana, para logo abarcar outros aspectos máis específicos como o etiquetado de alimentos, a relación da alimentación con diferentes enfermidades ou a discusión de mitos alimentarios amplamente coñecidos. O fin último desta materia é acercar ao alumnado unha visión práctica do mundo da nutrición, deixando a un lado tecnicismos, de xeito que todo o tratado nas clases poida ser aplicado na súa vida cotiá.

Obxectivos

  • Describir os conceptos de nutrición e as funcións dos nutrientes no organismo humano, así como os distintos grupos de alimentos.
  • Describir os diferentes modelos dietéticos.
  • Analizar as recomendacións dietéticas para algúns dos estados patolóxicos máis coñecidos (obesidade, diabetes, hipertensión, osteoporose, alzheimer, alerxias alimentarias, transtornos dá conduta alimentaria…).
  • Avaliar o etiquetado nutricional segundo a lexislación vixente.
  • Describir o concepto de Seguridade Alimentaria e as toxiinfeccións alimentarias.

Competencia

  • Destreza para promover e reforzar pautas de conducta alimentaria saudable.
  • Capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos á resolución da práctica diaria.

Contidos

Tema 1. Conceptos básicos sobre nutrición.

Tema 2. A auga e os nutrientes: hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas e minerais.

Tema 3. Os alimentos, grupos de alimentos, composición nutricional, ración de consumo recomendada e interese nutricional. Etiquetado de alimentos.

Tema 4. Sustancias non nutritivas dos alimentos e contaminación abiótica.

Tema 5. Seguridade Alimentaria. Principais toxiinfeccións de orixe alimentario.

Tema 6. Alerxias e intolerancias alimentarias.

Tema 7. A alimentación e as enfermedades crónicas: obesidade, diabetes, hipertensión, osteoporose e alzheimer.

Tema 8. Transtornos da conduta alimentaria: anorexia e bulimia.

Tema 9. Formas alternativas de alimentación. Dietas vexetarianas. Dietas veganas.

Tema 10. Dietas máxicas: Falsedades e mitos.

Metodoloxía

O desenvolvemento do programa realizarase mediante clases expositivas, buscando relacionar a información coa experiencia persoal dos alumnos a través de actividades dinámicas fomentando en todo momento a participación do alumnado e a discusión en grupo. Propoñerase ao alumnado diferentes tarefas e traballos para fomentar o tamén o traballo individual e independente. Para impartir as clases teóricas servirémonos de material escrito e audiovisual de apoio facilitado ao alumnado a través do Campus Virtual.

Sistema de avaliación

A avaliación realizarase tendo en conta:

  • Asistencia ás clases: 80 %
  • Realización de traballos e tarefas propostas: 20 %

Bibliografía básica

  • García-Orea Haro, B. (2020): Dime qué comes y te diré que bacterias tienes. Barcelona: Grijalbo.
  • Gil Hernández, A (2010): Tratado de nutrición. Tomo IV. "Nutrición clínica". Madrid: Editorial Panamericana
  • Iglesias Diz, J. L. (2017): Un pozo moi fondo. Transtornos da conducta da alimentación. Anorexia nerviosa, 1.ª ed. Vigo: Galaxia.
  • Mahan, L.K.; Escott-Stump, S.; Raymond, J.L. Krause (2013): Dietoterapia. 13.ª ed. Barcelona: Elsevier España.
  • Mataix Verdú, J. (2009): Nutrición y alimentación humana. 2.ª ed. Majadahonda: Editorial Eraon.
  • Mataix Verdú, J. (2003): Tabla de composición de alimentos. 4.ª ed. Granada: Instituto de nutrición y tecnología de los alimentos de Granada.
  • Forsythe J. y Hayes Y P.R. (2002): Higiene de los alimentos, microbiología y HACCP. 2.ª Edición. Zaragoza: Editorial Acribia.
The contents of this page were updated on 10.21.2024.