Introdución
Na materia Alimentación saudable: relación da saúde e a enfermidade coa alimentación realízase un percorrido polos distintos aspectos da nutrición e alimentación humana así como a seguridade alimentaria. Está dirixido aos alumnos de IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela do Campus Terra de Lugo. Comézase o estudo da materia cunha breve aproximación ás xeneralidades da alimentación humana, para logo abarcar outros aspectos máis específicos como o etiquetado de alimentos, a relación da alimentación con diferentes enfermidades ou a discusión de mitos alimentarios amplamente coñecidos. O fin último desta materia é acercar ao alumnado unha visión práctica do mundo da nutrición, deixando a un lado tecnicismos, de xeito que todo o tratado nas clases poida ser aplicado na súa vida cotiá.
Obxectivos
- Describir os conceptos de nutrición e as funcións dos nutrientes no organismo humano, así como os distintos grupos de alimentos.
- Describir os diferentes modelos dietéticos.
- Analizar as recomendacións dietéticas para algúns dos estados patolóxicos máis coñecidos (obesidade, diabetes, hipertensión, osteoporose, alzheimer, alerxias alimentarias, transtornos dá conduta alimentaria…).
- Avaliar o etiquetado nutricional segundo a lexislación vixente.
- Describir o concepto de Seguridade Alimentaria e as toxiinfeccións alimentarias.
Competencia
- Destreza para promover e reforzar pautas de conducta alimentaria saudable.
- Capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos á resolución da práctica diaria.
Contidos
Tema 1. Conceptos básicos sobre nutrición.
Tema 2. A auga e os nutrientes: hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas e minerais.
Tema 3. Os alimentos, grupos de alimentos, composición nutricional, ración de consumo recomendada e interese nutricional. Etiquetado de alimentos.
Tema 4. Sustancias non nutritivas dos alimentos e contaminación abiótica.
Tema 5. Seguridade Alimentaria. Principais toxiinfeccións de orixe alimentario.
Tema 6. Alerxias e intolerancias alimentarias.
Tema 7. A alimentación e as enfermedades crónicas: obesidade, diabetes, hipertensión, osteoporose e alzheimer.
Tema 8. Transtornos da conduta alimentaria: anorexia e bulimia.
Tema 9. Formas alternativas de alimentación. Dietas vexetarianas. Dietas veganas.
Tema 10. Dietas máxicas: Falsedades e mitos.
Metodoloxía
O desenvolvemento do programa realizarase mediante clases expositivas, buscando relacionar a información coa experiencia persoal dos alumnos a través de actividades dinámicas fomentando en todo momento a participación do alumnado e a discusión en grupo. Propoñerase ao alumnado diferentes tarefas e traballos para fomentar o tamén o traballo individual e independente. Para impartir as clases teóricas servirémonos de material escrito e audiovisual de apoio facilitado ao alumnado a través do Campus Virtual.
Sistema de avaliación
A avaliación realizarase tendo en conta:
- Asistencia ás clases: 80 %
- Realización de traballos e tarefas propostas: 20 %
Bibliografía básica
- García-Orea Haro, B. (2020): Dime qué comes y te diré que bacterias tienes. Barcelona: Grijalbo.
- Gil Hernández, A (2010): Tratado de nutrición. Tomo IV. "Nutrición clínica". Madrid: Editorial Panamericana
- Iglesias Diz, J. L. (2017): Un pozo moi fondo. Transtornos da conducta da alimentación. Anorexia nerviosa, 1.ª ed. Vigo: Galaxia.
- Mahan, L.K.; Escott-Stump, S.; Raymond, J.L. Krause (2013): Dietoterapia. 13.ª ed. Barcelona: Elsevier España.
- Mataix Verdú, J. (2009): Nutrición y alimentación humana. 2.ª ed. Majadahonda: Editorial Eraon.
- Mataix Verdú, J. (2003): Tabla de composición de alimentos. 4.ª ed. Granada: Instituto de nutrición y tecnología de los alimentos de Granada.
- Forsythe J. y Hayes Y P.R. (2002): Higiene de los alimentos, microbiología y HACCP. 2.ª Edición. Zaragoza: Editorial Acribia.