Skip to main content

O Camiño de Santiago

Docente externo: María Jove Moreno

Nº de créditos: 3

Introdución

Dende a Idade Media a peregrinación á tumba do Apóstolo Santiago constitue un fenómeno relixioso, cultural e económico definidor da realidade de Galicia.

Nesta materia afondaremos no coñecemento do Camiño de Santiago resaltando aqueles valores espirituais, históricos e culturais que o convertiron no Primeiro Itinerario Cultural Europeo do Consello de Europa (1987) e ben Patrimonio da Humanidade da UNESCO (1993), e que manteñen viva a peregrinación a Santiago de Compostela.

Obxectivos

  • Estudio do Camiño de Santiago dende a súa orixe ata a actualidade
  • Aportar un coñecemento múltiple do Camiño de Santiago en tanto que fenómeno relixioso, espiritual, económico, turístico e cultural vivo
  • Afondar na dimensión cultural do Camiño de Santiago como espazo de producción artística e de intercambio e transmisión de ideas.
  • Xerar un sentido da importancia da conservación e protección do Camiño de Santiago como ben Patrimonio da Humanidade

Contidos

  1. Historia da peregrinación de Santiago, da Idade Media á actualidade
  2. Principais rutas de peregrinación a Santiago de Compostela
  3. Símbolos e lendas da peregrinación a Santiago
  4. A Arte no Camiño de Santiago
  5. O Camiño de Santiago como Patrimonio Histórico-Artístico: medios para a súa protección e defensa
  6. O Camiño de Santiago e a literatura
  7. O Camiño de Santiago e o cinema

Metodoloxía

  • Clases expositivas nas que se impartirán coñecementos de tipo teórico
  • Emprego de ferramentas on-line para que os alumnos podan afundir no coñecemento dos temas impartidos de maneira autónoma
  • Prácticas de campo (saídas programadas cos alumnos)

Sistema de avaliación

  • Presencialidade e participación na aula: 50%
  • Cuestionario da materia ou traballo do alumno: 50%

Bibliografía básica

Proporcionarase unha Bibliografía básica e bibliografía específica para tema impartido na aula.

Subiránse materiais de referencia na aula virtual.

Uso de recursos on-line

The contents of this page were updated on 07.13.2023.