Introdución
Dende a Idade Media a peregrinación á tumba do Apóstolo Santiago constitue un fenómeno relixioso, cultural e económico definidor da realidade de Galicia.
Nesta materia afondaremos no coñecemento do Camiño de Santiago resaltando aqueles valores espirituais, históricos e culturais que o convertiron no Primeiro Itinerario Cultural Europeo do Consello de Europa (1987) e ben Patrimonio da Humanidade da UNESCO (1993), e que manteñen viva a peregrinación a Santiago de Compostela.
Obxectivos
- Estudio do Camiño de Santiago dende a súa orixe ata a actualidade
- Aportar un coñecemento múltiple do Camiño de Santiago en tanto que fenómeno relixioso, espiritual, económico, turístico e cultural vivo
- Afondar na dimensión cultural do Camiño de Santiago como espazo de producción artística e de intercambio e transmisión de ideas.
- Xerar un sentido da importancia da conservación e protección do Camiño de Santiago como ben Patrimonio da Humanidade
Contidos
- Historia da peregrinación de Santiago, da Idade Media á actualidade
- Principais rutas de peregrinación a Santiago de Compostela
- Símbolos e lendas da peregrinación a Santiago
- A Arte no Camiño de Santiago
- O Camiño de Santiago como Patrimonio Histórico-Artístico: medios para a súa protección e defensa
- O Camiño de Santiago e a literatura
- O Camiño de Santiago e o cinema
Metodoloxía
- Clases expositivas nas que se impartirán coñecementos de tipo teórico
- Emprego de ferramentas on-line para que os alumnos podan afundir no coñecemento dos temas impartidos de maneira autónoma
- Prácticas de campo (saídas programadas cos alumnos)
Sistema de avaliación
- Presencialidade e participación na aula: 50%
- Cuestionario da materia ou traballo do alumno: 50%
Bibliografía básica
Proporcionarase unha Bibliografía básica e bibliografía específica para tema impartido na aula.
Subiránse materiais de referencia na aula virtual.
Uso de recursos on-line