Introdución
A Astronomía, logo de mais de vinte anos de docencia, está consolidada como materia do Cuarto Ciclo dado o interese amosado polo alumnado durante todo este tempo. Trátase dunha ciencia que, malia a atracción que esperta, os seus fundamentos son ata certo punto descoñecidos por moita xente. Por iso, este curso ten como obxectivo que os participantes adquiran coñecementos básicos sobre o ceo e o que podemos atopar nel, pero tamén cuestións teóricas, que transmitidas dun xeito sinxelo e atractivo, axudan a súa comprensión. O curso complétase con sesións de observación astronómica e obradoiros e visitas ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
Obxectivos
- Obter coñecementos de Astronomía en xeral.
- Aprender a usar instrumentación astronómica básica.
- Coñecer os obxectos que podemos ver no ceo.
Contidos
PRIMEIRA PARTE
- A Astronomía. As súas partes.
- Unidades de distancia en Astronomía e conceptos relacionados con elas.
- Magnitudes estelares.
- O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
- Breve historia da Astronomía.
- As constelacións e a súa identificación co planisferio.
- A elipse.
- Leis de Kepler e lei de Gravitación.
- A Terra. Coordenadas xeográficas.
- Movementos da Terra. A esfera celeste.
- Equinoccios e solsticios.
- Coordenadas astronómicas.
- Medida do tempo.
SEGUNDA PARTE
- Os obxectos que podemos observar no ceo:
- O Sol
- A Lúa
- Os Planetas
- Os planetas ananos, asteroides, cometas e meteoroides. Meteoritos.
- Eclipses e tránsitos.
- As estrelas: Tipos e características físicas. Evolución estelar.
- As estrelas dobres e múltiples. Planetas extrasolares.
- Cúmulos estelares y nebulosas.
- A Vía Láctea e outras galaxias.
Prácticas
Manexo do planisferio.
- Visualización de vídeos.
- Sesión bibliográfica.
- Prismáticos e telescopios.
- Observacións nocturnas con telescopio.
- Práctica da montaxe dun telescopio.
Metodoloxía
- Clases teóricas.
- Clases prácticas na aula
- Sesións de observación cos telescopios do Observatorio.
- Práctica de campo.
Sistema de avaliación
- Asistencia activa ás sesións teóricas e prácticas. 50%
- Traballos realizados polo alumnado. 50%
Bibliografía básica
- R. M. Aller. Astronomía a simple vista. Serv. Publ. USC. 2014
- R. M. Aller. Astronomía a ollo ceibe. Serv. Publ. USC. 2016.
- J. Bell. El libro de la Astronomía. Ed. Librero. 2014.
- R. Burham, A. Dyer, R. A. Garfinkle, M. George, J. Kanipe, D. H. Levy. Observar el cielo II. Ed. Planeta. 1998.
- G. Cornelius. Manual de los cielos y sus mitos: guía práctica para observar el cielo nocturno, sus mitos y símbolos. Ed. Blume. 1998.
- J.A. Docobo, P.P. Campo, J.R. González Romay . Astronomía en galego para aprender e desfrutar. Ed Lápices 4. Santiago de Compostela. 2021
- M. A. Garlick. Astronomía. Libros Cúpula. 2004
- J. Lopesino. Aprender Astronomía con 100 ejercicios prácticos. Ed. Marcombo. 2013.
- S. P. Maran. Astronomía para dummies. Ed. Planeta. 2013.
- C.A. Ronan. Los amantes de la Astronomía. Ed. Blume. 1982.
- Rükl. Estrellas y Planetas. Ed. Susaeta. 1992
- Rükl. Astronomía. Guía para el aficionado. Ed. Susaeta. 1992