Ir o contido principal

Astronomía

Docentes da USC: José Ángel Docobo Durántez e Pedro Pablo Campo Díaz

Número de créditos: 3

Introdución

A Astronomía, logo de mais de vinte anos de docencia, está consolidada como materia do Cuarto Ciclo dado o interese amosado polo alumnado durante todo este tempo. Trátase dunha ciencia que, malia a atracción que esperta, os seus fundamentos son ata certo punto descoñecidos por moita xente. Por iso, este curso ten como obxectivo que os participantes adquiran coñecementos básicos sobre o ceo e o que podemos atopar nel, pero tamén cuestións teóricas, que transmitidas dun xeito sinxelo e atractivo, axudan a súa comprensión. O curso complétase con sesións de observación astronómica e obradoiros e visitas ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

Obxectivos

  • Obter coñecementos de Astronomía en xeral.
  • Aprender a usar instrumentación astronómica básica.
  • Coñecer os obxectos que podemos ver no ceo.

Contidos

PRIMEIRA PARTE

  • A Astronomía. As súas partes.
  • Unidades de distancia en Astronomía e conceptos relacionados con elas.
  • Magnitudes estelares.
  • O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
  • Breve historia da Astronomía.
  • As constelacións e a súa identificación co planisferio.
  • A elipse.
  • Leis de Kepler e lei de Gravitación.
  • A Terra. Coordenadas xeográficas.
  • Movementos da Terra. A esfera celeste.
  • Equinoccios e solsticios.
  • Coordenadas astronómicas.
  • Medida do tempo.

SEGUNDA PARTE

  • Os obxectos que podemos observar no ceo: 
  • O Sol
  • A Lúa
  • Os Planetas
  • Os planetas ananos, asteroides, cometas e meteoroides. Meteoritos.
  • Eclipses e tránsitos.
  • As estrelas: Tipos e características físicas. Evolución estelar.
  • As estrelas dobres e múltiples. Planetas extrasolares.
  • Cúmulos estelares y nebulosas.
  • A Vía Láctea e outras galaxias.

Prácticas

Manexo do planisferio.

  • Visualización de vídeos.
  • Sesión bibliográfica.
  • Prismáticos e telescopios.
  • Observacións nocturnas con telescopio.
  • Práctica da montaxe dun telescopio.           

Metodoloxía

  • Clases teóricas.
  • Clases prácticas na aula
  • Sesións de observación cos telescopios do Observatorio.
  • Práctica de campo.

Sistema de avaliación

  • Asistencia activa ás sesións teóricas e prácticas. 50%
  • Traballos realizados polo alumnado. 50%

Bibliografía básica

  • R. M. Aller. Astronomía a simple vista. Serv. Publ. USC. 2014
  • R. M. Aller. Astronomía a ollo ceibe. Serv. Publ. USC. 2016.
  • J. Bell. El libro de la Astronomía. Ed. Librero. 2014.
  • R. Burham, A. Dyer, R. A. Garfinkle, M. George, J. Kanipe, D. H. Levy. Observar el cielo II. Ed. Planeta. 1998.
  • G. Cornelius. Manual de los cielos y sus mitos: guía práctica para observar el cielo nocturno, sus mitos y símbolos. Ed. Blume. 1998.
  • J.A. Docobo, P.P. Campo, J.R. González Romay . Astronomía en galego para aprender e desfrutar. Ed Lápices 4. Santiago de Compostela. 2021
  • M. A. Garlick. Astronomía. Libros Cúpula. 2004
  • J. Lopesino. Aprender Astronomía con 100 ejercicios prácticos. Ed. Marcombo. 2013.
  • S. P. Maran. Astronomía para dummies. Ed. Planeta. 2013.
  • C.A. Ronan. Los amantes de la Astronomía. Ed. Blume. 1982.
  • Rükl. Estrellas y Planetas. Ed. Susaeta. 1992
  • Rükl. Astronomía. Guía para el aficionado. Ed. Susaeta. 1992
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2023.