Introdución
A zooloxía actual é unha ciencia eminentemente evolutiva que permite explicar a enorme diversidade animal existente no pasado e na actualidade, e as adaptacións que os animais presentan ao medio no que viven.
Obxectivos
Proporcionar aos estudantes coñecementos básicos sobre:
- A orixe e evolución dos animais
- Estrutura e función básicas dos organismos animais
- Clasificación, principais liñas evolutivas e adaptacións máis importantes dos distintos grupos
Competencia
Conceptos básicos de zooloxía dende unha perspectiva evolutiva
Contidos
Orixe e diversidade dos seres vivos: a evolución biolóxica
Concepto de especie e mecanismos de especiación
Concepto de animal
Sistemas de clasificación biolóxica
Taxonomía e nomenclatura animal
Reprodución e desenvolvemento dos animais
Estrutura dos animais: forma e función
Metodoloxía
Para as clases teóricas, as explicacións do profesor apoiaranse en material visual (diapositivas). Todo o material (apuntes e dispositivas) estará a disposición dos alumnos a través dunha aula virtual. Se é posible, farase unha práctica de campo, de aproximadamente 4 horas de duración, consistente nunha visita á costa para a observación da fauna intermareal.
Sistema de avaliación
Valorase a asistencia e a participación dos estudantes no desenvolvemento das clases e outras actividades.
Bibliografía básica
HICKMAN, C.P. et al. 2009. Principios Integrales de Zoología (traducción de la 14ª edición en inglés). McGraw-Hill Interamericana de España. Madrid. (signatura Biblioteca Bioloxía A Z 32).
DÍAZ, J.A. y SANTOS, T. 1998. Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Editorial Síntesis. Madrid. (signatura Biblioteca Bioloxía A Z 50).