Ir o contido principal

Introdución á Zooloxía

Docente: Javier Iglesias Piñeiro

Nº de créditos: 3

Introdución

A zooloxía actual é unha ciencia eminentemente evolutiva que permite explicar a enorme diversidade animal existente no pasado e na actualidade, e as adaptacións que os animais presentan ao medio no que viven.

Obxectivos

Proporcionar aos estudantes coñecementos básicos sobre:

  • A orixe e evolución dos animais
  • Estrutura e función básicas dos organismos animais
  • Clasificación, principais liñas evolutivas e adaptacións máis importantes dos distintos grupos

Competencia

Conceptos básicos de zooloxía dende unha perspectiva evolutiva

Contidos

Orixe e diversidade dos seres vivos: a evolución biolóxica

Concepto de especie e mecanismos de especiación

Concepto de animal

Sistemas de clasificación biolóxica

Taxonomía e nomenclatura animal

Reprodución e desenvolvemento dos animais

Estrutura dos animais: forma e función

Metodoloxía

Para as clases teóricas, as explicacións do profesor apoiaranse en material visual (diapositivas). Todo o material (apuntes e dispositivas) estará a disposición dos alumnos a través dunha aula virtual. Se é posible, farase unha práctica de campo, de aproximadamente 4 horas de duración, consistente nunha visita á costa para a observación da fauna intermareal.

Sistema de avaliación

Valorase a asistencia e a participación dos estudantes no desenvolvemento das clases e outras actividades.

Bibliografía básica

HICKMAN, C.P. et al. 2009. Principios Integrales de Zoología (traducción de la 14ª edición en inglés). McGraw-Hill Interamericana de España. Madrid. (signatura Biblioteca Bioloxía A Z 32).

DÍAZ, J.A. y SANTOS, T. 1998. Zoología. Aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Editorial Síntesis. Madrid. (signatura Biblioteca Bioloxía A Z 50).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.07.2023.