Skip to main content

Obradoiro Internacional de Outono sobre Xeometría e Física

09.04.2023-09.08.2023 | 15.30h-11.30h

Santiago de Compostela

A Facultade de Matemáticas e o CITMAga promoven este encontro

Cartel do encotnro
Cartel do encotnro

A Facultade de Matemáticas da USC acolle do 4 ao 8 de setembro o  XXXI International Fall Workshop on Geometry and Physics.  A decana do centro Elena Vázquez presidirá a sesión inaugural que arrincará ás 15.30 horas e na que participarán Rosa Crujeiras directora científica do CITMAga, Manuel de León, membro do comité científico do congreso e Modesto Salgado, membro do comité organizador. 

Entre as relatoras e relatores deste evento inclúense Mini-course speakers Klas Modin, da Chalmers University of Technology en Suecia; Anna Pachol, da University of South-Eastern Norway, en Noruega: Alejandro Cabrera, da Universidade Federal do Rio de Janeiro en Brasil; Raquel Caseiro, da Universidade de Coimbra, en Portugal, Francesco Cattafi, da Universität Würzburg en Alemaña; Ana Bela Cruzeiro, da Universidade de Lisboa en Portugal; Víctor Sanmartín López, da Universidade de Santiago de Compostela: e Cornelia Vizman, da West University of Timisoara, en Rumanía.

O Workshop celébrase anualmente dende 1992 e reúne especialistas en xeometría e física españois e portugueses, xunto cun número cada vez maior de participantes de fóra da Península Ibérica.  As reunións teñen como obxectivo proporcionar un foro para o intercambio de ideas entre especialistas de diferentes campos en Xeometría Diferencial, Matemáticas Aplicadas e Física, e conta sempre coa participación da mocidade que está a iniciarse na investigación. 

O programa completo e a información detallada sobre rexisto e organización está dispoñible na web do evento.

The contents of this page were updated on 09.04.2023.