Skip to main content

Cafés do CIFEX

Sesión con Enrique Latorre

10.04.2023 | 18.00h-20.00h

Campus de Santiago
Sala Hipatia

O obxectivo destas sesións divulgativas de periodicidade mensual é coñecer en sociedade a vitalidade das investigacións en marcha

Cartel do evento
Cartel do evento

O Centro de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero promove unha nova sesión con Enrique Latorre, profesor da área de Lóxica e Filosofía da Ciencia da USC e integrante do CIFEX. Esta nova sesión terá lugar o mércores 4 de outubro, das 18.00 ás 20.00 horas, na Sala Hipatia Facultade de Filosofía.

O obxectivo destas sesións divulgativas de periodicidade mensual é coñecer en sociedade a vitalidade das investigacións en marcha, poñendo os resultados ao servizo da cidadanía e mostrando, ao tempo, que moitas investigadoras cuxo traballo é coñecido en circuítos especializados son descoñecidas aínda na sociedade galega, que procura referentes noutras xeografías.

Estas sesións están dirixidas a un público amplo, profesorado e estudantado universitario galego (dentro e fóra da USC), profesorado de Ensino Medio ou Primario e a variados perfís profesionais de persoas interesadas na perspectiva de xénero e na súa implicación nos últimos avances de coñecemento, con especial atención ás posibilidades de participación dese público nas investigacións posteriores no que se chama ciencia cidadá.

The contents of this page were updated on 10.04.2023.