10.11.2023 | 12.00h
O relatorio correrá a cargo de Carmen Claudín, unha das máximas especialistas españolas en política e historia dos países da antiga Unión Soviética

Carmen Claudín, unha das máximas especialistas españolas en política e historia dos países da antiga Unión Soviética, pronunciará o relatorio 'Mitos e mentiras da agresión rusa contra Ucraína' o mércores 11, ás 12.00 horas, na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia.
Claudín é investigadora sénior do CIDOB-Barcelona Centre for International Affairs, autora de varios libros, como Lenin e a revolución cultural, e colaboradora de varias organizacións internacionais.