Skip to main content

Relatorio

'O Dereito internacional fronte ao conflito armado en Ucraína'

10.18.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas

Correrá a cargo de José Manuel Sobrino Heredia

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

Este mércores 18 de outubro, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito, terá lugar a conferencia inaugural da XV edición do Máster en Estudos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela. A conferencia será impartida polo profesor José Manuel Sobrino Heredia, catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e leva como título: 'O Dereito internacional fronte ao conflito armado en Ucraína'.

O evento está organizado pola coordinación do Máster e o Grupo de Estudos Internacionais da USC (GRESIN), contando co apoio do  Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización da USC. A asistencia é libre para o público en xeral, especialmente para as persoas interesadas en temas internacionais de plena actualidade.  

The contents of this page were updated on 10.17.2023.