Correrá a cargo de José Manuel Sobrino Heredia

Este mércores 18 de outubro, ás 12.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito, terá lugar a conferencia inaugural da XV edición do Máster en Estudos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela. A conferencia será impartida polo profesor José Manuel Sobrino Heredia, catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade da Coruña e leva como título: 'O Dereito internacional fronte ao conflito armado en Ucraína'.
O evento está organizado pola coordinación do Máster e o Grupo de Estudos Internacionais da USC (GRESIN), contando co apoio do Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización da USC. A asistencia é libre para o público en xeral, especialmente para as persoas interesadas en temas internacionais de plena actualidade.