Skip to main content

Estrea teatral

Antropoloxía do bico (A Síndrome do Túnel carpiano)

02.06.2024 | 21.00h

Salón Teatro
Santiago de Compostela

A Aula de Teatro da USC estrea o seu novo traballo

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O martes 6 de febreiro a Aula de Teatro da USC estrea a montaxe 'Antropoloxía do bico (A Síndrome do Túnel carpiano)', unha peza con posta en escena de Roberto Salgueiro, e cun elenco composto por Laura Valeiras e Paulinho Mouriño Pereiro.

Os textos son de Laura Valeiras, Paulo Mouriño Pereiro, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot e Leila Guerriero.

O pase, de 40 minutos de duración e en lingua galega, terá lugar no Salón Teatro ás 21.00 horas e a asistencia é de balde, previo paso polo despacho de billetes, que abre dúas horas antes da función.

A continuación, no ambigú do teatro, terá lugar un encontro para falar sobre o proceso de creación da peza.

Sobre a obra

"Cal é a finalidade principal da boca? Comer, morder, falar? Non, bicar. A ausencia ou presenza dos bicos na nosa vida diaria determina o que pensamos, o que queremos, o que odiamos, a que lle temos medo e porque repetimos incansablemente as mesmas accións, como amasar a fariña ou ensaiar coa guitarra, por exemplo. Outros fan atletismo ou len", explican dende a Aula de Teatro da USC á hora de definir o eixo sobre o que se artella a obra.

The contents of this page were updated on 02.02.2024.