Skip to main content

A USC celebra este martes un acto conmemorativo do Día Internacional das Mulleres na Casa do Saber de Lugo

Cartaz do Día Internacional das Mulleres
Cartaz do Día Internacional das Mulleres
Carme Silva presidirá, ás 12.00 horas, a sesión, na que se recoñecerá a traxectoria da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a prol da igualdade de oportunidades na USC

A USC celebrará o acto institucional conmemorativo do Día da Internacional das Mulleres este martes 7 de marzo, a partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, no marco dunha sesión que servirá de recoñecemento á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra pola súa traxectoria a prol da igualdade de oportunidades da USC.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, será a encargada de guiar este acto, no que tamén intervirán a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, a deputada provincial delegada da área de Cultura, Pilar García Porto, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo.

Unha intervención teatral a cargo de María Peinó e Teresa Fraga, dúas actrices da compañía de teatro USC-Lugo, que interpretarán un fragmento da peza ‘Km526’ no que falan Juana Capdevielle e María Zambrano, servirá de apertura do acto institucional conmemorativo do Día Internacional das Mulleres. O Espazo de Danza da USC pechará a sesión coa posta en escena da peza ‘Pulsos’, unha coreografía de Rosa Acuña e con Vicente Ávila, Sara Domingo, Sonia L. Pumarega e Álvaro Rodríguez como intérpretes.

The contents of this page were updated on 03.06.2017.